Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión do 25 de novembro de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual do estudio de detalle da Finca Villagueira en Casal-Laraño, promovido pola entidade mercantil Inmobiliaria Ponteno, S.A.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 16, do día 21 de xaneiro de 2000, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde