Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se notifica a Resolución do 22 de decembro de 1999 recaída no expediente sancionador ICA-OU-53/99-V, por infracción á normativa en materia de defensa da calidade agroalimentaria, ó ser devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícaselle a Enrique Villamarín e Hijos, S.L., de acordo co que figura no anexo a esta cédula, a resolución adoptada polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 22 de decembro de 1999, no expediente sancionador ICA-OU-53/99-V, xa que intentada a notificación por correo certificado e con xustificante de recepción, esta foi devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia 44/030/003919/6, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución esgota a vía administrativa, polo cal Enrique Villamarín e Hijos, S.L. poderá contra ela interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os órganos competentes na xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Así mesmo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992 (modificada pola Lei 4/1999).

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

Expediente: ICA-OU-53/99-V.

Denunciado: Enrique Villamarín e Hijos, S.L.

DNI: B-32.028.383.

Enderezo: O Pazo-Cortiñas-Castrelo de Miño.

Infracción cometida: incumpri-la normativa vixente en materia de viños.

Precepto infrinxido:

Preceptos sancionadores:

Sanción: 307.000 ptas.