Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-115/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo que se menciona a proposta de resolución, dictada pola instructora no expediente, que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-115/99-PO.

Denunciado: José Carlos Vila Burgo

Feito denunciado: falta desinfección vehículo, falta inscrición vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 3-9-1999.

Alegacións a incoación: non presenta escrito de alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 52.2º, 52.4º e 217.3º do Decreto do 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias de 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigos 224 e 217.3º do Regulamento de epizootias, segundo a actualización das sancións realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 15.000 ptas. segundo o artigo 224 e 10.000 ptas. segundo o artigo 217.3º.