Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.731

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000 sobre concesión de comisións de servicio de carácter xeral.

En relación co profesorado desta universidade designado para formar parte das comisións que han de xulgar concursos de profesorado ós corpos docentes universitarios convocados polas universidades, a seguir transcríbese o acordo deste rectorado do 25 de xaneiro de 2000.

En virtude das atribucións conferidas polo artigo 97 dos estatutos desta universidade, aprobados por Resolución do 16 de setembro de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 22 de outubro e BOE do 26 de novembro), este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Conceder con carácter xeral a comisión de servicios ós profesores da Universidade de Vigo que sexan nomeados membros das comisións que han de xulgar os concursos convocados polas distintas universidades públicas españolas.

Segundo.-A comisión de servicios entenderase concedida ó destino e polas datas nas que convoque o presidente da comisión correspondente, e polos días nos que deba actua-la dita comisión.

Terceiro.-A comisión de servicios entenderase rematada tan axiña como conclúa a actuación da comisión para a cal fora nomeado membro.

Cuarto.-Autorízase o interesado, de ser necesario, a realizar desprazamentos en vehículo particular.

Vigo, 25 de xaneiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo