Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.729

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000 pola que se convocan unhas xornadas sobre transporte de mercadorías perigosas.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2000, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre transporte de mercadorías perigosas, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos necesarios que lles sexan útiles no desempeño posterior da súa profesión.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade e colectivos interesados.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 10 de marzo de 2000, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade situada na avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas terán lugar durante os días 22 e 23 de marzo de 2000.

O horario será en xornada de mañá (9.30 h.-14 h.) e tarde (16.30 h.-20 h.) o día 22, e en sesión de mañá o día 23.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 15 de marzo de 2000 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 17 de xaneiro de 2000.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade