Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.731

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo.

Finalizado o proceso selectivo, convocado por Resolución do 26 de marzo de 1999 (DOG do 22 de abril) para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo, mediante acordo do 16 de decembro de 1999 do tribunal cualificador, pola que se elevou a definitiva a proposta de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto de elección de destinos polos aspirantes, consonte o disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos da Universidade de Vigo,

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo, ordenados consonte a puntuación acadada e con especificación do destino definitivo adxudicado.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionario de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente establecido. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no taboleiro de anuncios deste rectorado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de xaneiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

OrdeDNINomeDestino

176.404.215Gutiérrez Valerio, Marta MªAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Pontevedra.
235.449.029Castro Rey, Héctor CarlosAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Pontevedra.
332.776.004Doval Porto, Mª InmaculadaAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Vigo.
435.457.089Patiño Bouzas, SilviaAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Vigo.

OrdeDNINomeDestino

535.307.095Aboal Somoza, Teresita Del Niño JesúsAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Vigo.
676.363.370Fernández Faya, Mª CarinaAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Vigo.
732.762.870Quiroga Fraga, AnaAxudante arquivos, bibliotecas e museos-base. Campus Ourense.