Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fan públicas as adxudicacións dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Obxecto: servicios técnicos para a preimpresión e impresión da publicación facsimilar dun diccionario de artes de pesca de España e súas posesións para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Gráficas Muñoz Varona, S.A.

Importe: 5.900.000 ptas.

Obxecto: subministración de mobiliario para as aulas de extensión pesqueira para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Equipamentos Cavado, S.L.

Importe: 4.417.600 ptas.

Obxecto: servicios técnicos para a reimpresión de 50.000 exemplares da Guía do consumidor de peixe fresco para a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Adxudicatario: Alva Gráfica, S.L.

Importe: 15.238.600 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación