Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, con trámite de urxencia, da asistencia técnica para a coordinación e xestión das actividades complementarias de orientación laboral e profesional nos centros de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, con trámite de urxencia, da asistencia técnica para a coordinación e xestión das actividades complementarias de orientación laboral e profesional nos centros de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

-Obxecto: contratación da asistencia técnica para a coordinación e xestión das actividades complementarias de orientación laboral e profesional nos centros de ensinanzas marítimo-pesqueiras.

-Orzamento de contrata: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.), IVE e outros impostos incluídos.

-Prazo de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e o de características técnicas que rexerán neste concurso poderán recollerse no Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, así como nas delegacións territoriais desta consellería, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

-Presentación de proposicións e prazo: as proposicións poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase no mesmo día un telegrama ou fax á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en San Caetano, ás 11 horas do cuarto día hábil contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado, a apertura terá lugar o luns seguinte á mesma hora.

-Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación