Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Toucedo 2, a favor de Mª Jesús Maneiro Becerra e Francisco Sánchez Toucedo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Toucedo nº 2.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 108.

Data da concesión: 9-3-1981.

Data do remate da última prórroga: 25-4-2001.

Anterior concesionario: Francisco Sánchez Piñeiro (DNI: 33.109.378) e Mª Manuela Toucedo Davila (DNI: 33.112.746).

Novo titular da concesión e batea: Mª Jesús Maneiro Becerra (DNI: 33.231.764) e Francisco Sánchez Toucedo (DNI: 76.493.429).

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña