En cumprimento do disposto nos artigos 97 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte servicio:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.
c) Número de expediente: 9911002220.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servicio.
b) Descrición do obxecto: contrato de servicios para a realización da Campaña concertada para o Nadal 99 destinada á terceira idade. Dentro desta campaña distínguense tres lotes: programa Ningún Residente sen Agasallo, programa Nadal entre Amigos e programa Ás Portas do 2000.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 213, do 4-11-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: vintesete millóns de pesetas (27.000.000 de ptas.), IVE incluído.
5. Adxudicación:
a) Data: 23-11-1999.
b) Contratista: Viajes Halcón, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe adxudicación: vintecinco millóns novecentas cincuenta mil (25.950.000) pesetas, IVE incluído.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1999.
P.D. (Orde 21-4-1998)
Corina Porro Martínez
Directora xeral de Servicios Sociais