Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 128/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade,

do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, conforme o disposto nos artigo 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador: Secretaría 128/99.

Denunciado/a: Antonio Iglesias Barcón.

DNI/CIF: 76.401.917.

Último enderezo coñecido: Suasbarras, 4-3º. Covas-Viveiro. Lugo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas. (15.000 ptas.).

A Coruña, 14 de decembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña