Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 201/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de Sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do R.D. 1398/1993 do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións e, no caso de non presentalas, segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 201/99.

Denunciado/a: Embutidos Juan Fernández, S.L. Carnicería Charcutería Día.

DNI/CIF: B-24237919.

Último enderezo coñecido: Xeneral Sanjurjo, 146. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: setenta e cinco mil pesetas. (75.000 ptas.).

A Coruña, 7 de decembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña