Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.682

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 2, 6, 11, 19, 23, 31 do grupo I, ás 2, 6, 17, 21, 31, 37 do grupo II, ás 3, 5, 11, 37, 68, 88 do grupo III, ás 2, 6, 9, 11, 12, 16, 17, 21, 23, 25 do grupo IV e 2, 8, 9, 10, 10d, 12 do grupo V (lista A), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Publicada a Resolución do 15 de decembro de 1999 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro de 2000), relativa á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de

abril, e correspondente ás categorías 2, 6, 11, 19, 23, 31 do grupo I, ás 2, 6, 17, 21, 31, 37 do grupo II, ás 3, 5, 11, 37, 68, 88 do grupo III, ás 2, 6, 9, 11, 12, 16, 17, 21, 23, 25 do grupo IV, e 2, 8, 9, 10, 10d, 12 do grupo V (lista A), e unha vez finalizados os prazos previstos nos puntos terceiro e cuarto da citada resolución e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías que a continuación se indica (lista A):

-Grupo I:

Cat. 002 (titulado superior médico).

Cat. 006 (titulado superior psicólogo).

Cat. 011 (titulado superior pedagogo).

Cat. 019(titulado superior especialista).

Cat. 023 (documentalista).

Cat. 031 (titulado superior de formación ocupacional).

-Grupo II:

Cat. 002 (ATS, enfermeiro e outros).

Cat. 006 (educador e outros).

Cat. 017 (asistente social).

Cat. 021 (monitor ocupacional).

Cat. 031 (restaurador).

Cat. 037 (titulado medio de formación ocupacional).

-Grupo III:

Cat. 003 (controlador pecuario e outros).

Cat. 005 (intendente e outros).

Cat. 011 (encargado agrario e outros).

Cat. 37 (técnico de son).

Cat. 068 (pastor oficial 1ª e outros).

Cat. 088 (capataz de explotacións marisqueiras).

-Grupo IV:

Cat. 002 (auxiliar mecánico e outros).

Cat. 006 (axudante servicios técnicos e outros).

Cat. 009 (oficial 2ª faenas agrícolas).

Cat. 011 (auxiliar de laboratorio).

Cat. 012 (auxiliar de internado).

Cat. 016 (conductor).

Cat. 017 (almaceneiro, despenseiro).

Cat. 021 (oficial 2ª carpinteiro e outros).

Cat. 023 (mestre gaiteiro).

Cat. 025 (cargador, tremoeiro).

Grupo V:

Cat. 002 (axudante traballos e outros).

Cat. 008 (peón agrario especializado).

Cat. 009 (celador segunda e outros).

Cat. 010 (auxiliar de teléfono de información ó cidadán).

Cat. 10d (socorrista).

Cat. 012 (peón e outros).

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-No anexo I, ó que se refire o punto segundo desta resolución, figuran os solicitantes incluídos na lista da citada categoría.

Cuarto.-En todo caso, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte a documentación precisa, tal e como se dispón na base 4ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999.

Quinto.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición desta resolución quedarán sen efecto as listas das ditas categorías elaboradas anteriormente, tal e como se establece na base 6ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo).

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública