Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 4 do grupo III (gobernante, gobernante de servicios domésticos) (lista A), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicado o Acordo do 26 de outubro de 1999 (DOG nº 212, do 3 de novembro) relativo á publi

cación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 4 do grupo III (gobernante, gobernante de servicios domésticos) (lista A) e unha vez finalizados os prazos previstos nos puntos terceiro e cuarto do citado acordo e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral na sesión que tivo lugar o día 25 de xaneiro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de tra

ballo reservados a persoal laboral da categoría 4 do grupo III (lista A) da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-No anexo I, ó que se refire o punto segundo desta resolución, figuran os solicitantes incluídos na lista da citada categoría.

Cuarto.-En todo caso, terán que acreditar, no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte, a documentación precisa, tal e como se dispón na base 4ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xuño de 1999.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública