Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se constitúe o colexio rural agrupado de Tui (Pontevedra).

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Tui, tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto,

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-lo colexio rural agrupado de Tui (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Tui os colexios e as escolas, que se suprimen como tales, de: Os Gaios (código 36016516), A Igrexa (código 36015597), O Souto (código 36016899), A Cancela (código 36015615), Pexegueiro (código 36017375), Ponte Internacional (código 36015913), Rebordáns (código 36018151), Ribadelouro (código 36009822).

Así mesmo, intégrase no devandito colexio rural agrupado de Tui o colexio de educación infantil e primaria de Caldelas (código 36009639), no que se suprimen dúas unidades de educación primaria. Ós mestres afectados recoñécenselle-los dereitos da Orde do 23 de xullo do 1991 (DOG do 19 de agosto).

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tui.

Localidade: Tui (Avda. da Concordia, s/n).

Centro: Colexio Rural Agrupado de Tui.

Código do centro: 36024112.

Zona educativa: Tui.

Unidades:

Educación infantil: 10.

Educación primaria: 1.

Total: 11.

Postos de traballo

Localidade:EIEP

Os Gaios (Areas)...11

A Igrexa (Baldráns)...1-

Caldelas de Tui...1-

O Souto (Guillarei)...1-

A Cancela (Paramos)...1-

Pexegueiro...1-

Ponte Internacional (Randufe)...2-

Rebordáns...1-

Ribadelouro...1-

Pedagoxía terapeútica... 1.

Educación física... 1.

Educación musical... 1.

Total postos14