Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.663

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de xaneiro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Cemar de Mondariz-Balneario (Pontevedra), para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Cemar de Mondariz-Balneario (Pontevedra), solicitando autorización para 4 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato nas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Cemar de Mondariz-Balneario (Pontevedra), para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato das

modalidades de ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva dos centros existentes no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro de educación secundaria e de bacharelato que por esta orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición transitoria

O dito centro poderá imparti-las ensinanzas de BUP e COU, para as que conta coa correspondente autorización, mentres non se extinguen, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Mondariz-Balneario.

Localidade: Mondariz-Balneario.

Enderezo: estrada xeral Ponteareas-Mondariz km 7.

Código do centro: 36019724.

Denominación específica: Cemar.

Titular: Jesús Fernando Marcote Vilar.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato: 4 unidades (ciencias da natureza e da saúde, e humanidades e ciencias sociais).

e) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional de actividades físicas e deportivas.-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas, 2 unidades (20 postos/unidade).