Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xaneiro de 2000 pola que se constitúe o colexio rural agrupado Amencer de Ribadavia (Ourense).

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Ribadavia, tramitado pola Delegación Provincial de Ourense.

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-lo colexio rural agrupado Amencer de Ribadavia (Ourense), segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado Amencer os colexios e as escolas do concello de Ribadavia de: Francelos (código 32011354), San Cristovo (código 32014756), San Paio (código 32014860), e a escola de Beade (código 32015153) do concello de Beade. Os ditos centros suprímense como tales.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ribadavia.

Localidade: San Paio (Ventosela).

Centro: Colexio Rural Agrupado Amencer.

Código do centro: 32020628.

Zona educativa: Ribeiro, O.

Unidades:

Educación infantil: 4.

Educación primaria: 1.

Total: 5.

Postos de traballo

Localidade:EIEP

Francelos...11

San Cristovo...1-

San Paio (Ventosela)...1-

Beade...1-

Pedagoxía terapéutica... 1.

Total postos6