Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0002085/1999, interposto por María Dolores Agrelo Solla.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo 01/0002085/1999, interposto por Mª Dolores Agrelo Solla, contra as resolucións da Consellería da Presidencia e Administración Pública de datas 29 de abril e 1 de xuño de 1999, sobre proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A), escala de profesores

numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública