Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECIÓN de erros.-Orde do 29 de decembro de 1999 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na Orde do 29 de decembro de 1999, publicada no DOG nº 20, do luns 31 de xaneiro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.209, no punto 1.1.2, onde di: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo», debe dicir: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de dous anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo».

Na páxina 1.209, no punto 1.2.2, onde di: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal e deberá ter vinculación estable», debe dicir: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de catro anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo».

Na páxina 1.209, no punto 1.3.1.b.1, onde di: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de doce anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo», debe dicir: «O investigador principal deberá ser doutor cunha antigüidade mínima de oito anos como tal e deberá ter vinculación estable co correspondente organismo».