Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de decembro de 1999, ordenou a publicación do expediente de expropiación forzosa dos terreos necesarios para a execución do proxecto de urbanización do SU-22, entre as zonas 5 e 6.

En cumprimento co disposto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o devandito expediente, para que no prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior publi

cación da provincia, os que poidan resultar interesados presenten as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus dereitos.

Achégase a relación de bens que se van expropiar:

Predio: A.

Nome: Isabel Álvarez Lorenzo.

M que se van expropiar: 233,00.

Ourense, 10 de decembro de 1999.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións