Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO.

Na sesión ordinaria realizada pola Comisión de Goberno o día 25 de xaneiro de 2000 aprobouse o prego de cláusulas administrativas para a contratación, por concurso en procedemento aberto, da adquisición de solo urbano con destino á construcción de vivendas sociais, que será publicado integramente no BOP, o que se expón ó público na secretaría deste concello, por espacio de oito días naturais, para efecto de exame e reclamacións.

Todas aquelas persoas interesadas na presentación de proposicións deberán facelo no prazo de trece días naturais contados a partir da última publicación.

Monterroso, 1 de febreiro de 2000.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde