Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 7/1995, da Administración local de Galicia, anúnciase o seguinte edicto de contratación por concurso para a adxudicación de axuda no fogar.

Prezo de licitación: 3.460.000 ptas., incluído IVE, o prezo de 1.276 ptas./hora. Esta cantidade é para aboar durante o período do contrato, que ten unha duración prevista de seis meses e poderá ser prorroglable polo dito período e ata un máximo de 4 anos, sempre e cando non exista denuncia expresa das partes contratantes do xeito recollido no prego.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse:

Nas oficinas deste concello no prazo de trece días naturais, das 10 ás 13 horas, a partir da publicación do correspodente edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións e as demais condicións do referido concurso.

Tui, 28 de xaneiro de 2000.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde