Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.644

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000 pola que se corrixen erros materiais producidos nos pregos que rexen a contratación, por concurso público, da consultoría e asistencia consistente na identificación e selección de comarcas críticas nas que levar a cabo o desenvolvemento dun proxecto piloto de mobilización de terras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a definición das liñas básicas do dito proxecto, anunciado por Resolución do 12 de xaneiro de 2000, no Diario Oficial de Galicia número 12, do 19 de xaneiro, e se procede á prolongación do prazo de presentación de ofertas.

Por Resolución do 12 de xaneiro de 2000 anunciouse a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da consultoría e asistencia consistente na identificación e selección de comarcas críticas nas que levar a cabo o desenvolvemento dun proxecto piloto de mobilización de terras na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a definición das liñas básicas do dito proxecto.

Advertidos erros materiais nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas, cómpre face-las oportunas correccións ó amparo do artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No punto 7 da carauta do prego de cláusulas administrativas particulares, titulado «Prazo de execución», cómpre a súa corrección, e onde di: «Desde a firma do contrato ata o 15 de marzo de 2000», debe dicir: «145 días desde a sinatura do contrato».

Ó mesmo tempo, procédese a amplia-lo prazo de presentación das ofertas ata as 14 horas do día 21 de febreiro de 2000, co fin de que as empresas poidan levar a cabo unha nova valoración delas.

O acto público de apertura das proposicións levarase a cabo o día 25 de febreiro de 2000, ás 13 horas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria