Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fanse públicas as adxudicacións dos seguintes contratos administrativos:

Adquisición de material informático para os servicios veterinarios oficiais.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material informático para os servicios veterinarios oficiais.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 217, do 10 de novembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1.-Cinco millóns seiscentas oitenta mil pesetas (5.680.000 ptas.).

Lote 2.-Seis millóns oitocentas vinte mil pesetas (6.820.000 ptas.).

5. Adxudicación.

a) Data: 7 de decembro de 1999.

b) Contratista: Desarrollo Informático, S.A. (DINSA).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1.-Cinco millóns seiscentas oitenta mil pesetas (5.680.000 ptas.).

Lote 2.-Seis millóns oitocentas vinte mil pesetas (6.820.000 ptas.).

Instalación de ventás exteriores no centro de investigacións de Mabegondo (IAS-529).

Orzamento base de licitación: dez millóns oitenta e sete mil novecentas sesenta e tres pesetas (10.087.963 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 1 de decembro de 1999.

Contratista: Aluminios Magal, S.L.

Importe de adxudicación: dez millóns oitenta e sete mil pesetas (10.087.000 ptas.), IVE incluído.

Adquisición de 118 embrións bovinos de raza frisona para o plan integral de mellora xenética (PIMX).

Orzamento base de licitación: corenta e cinco millóns de pesetas (45.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 29 de outubro de 1999.

Contratista: Semex España, S.A.

Importe de adxudicación: corenta e cinco millóns de pesetas (45.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Adquisición de 19 sementais bovinos de raza frisona holstein para o plan integral de mellora xenética (PIMX).

Orzamento base de licitación: corenta e tres millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (43.850.000 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 10 de novembro de 1999.

Contratista: Semex España, S.A.

Importe de adxudicación: corenta e tres millóns oitocentas cincuenta mil pesetas (43.850.000 ptas.), IVE incluído.

Adquisición de reactivos para identificación de xermes en análises bacteriolóxicas e realización de antibiogramas.

Orzamento base de licitación: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 14 de decembro de 1999.

Contratista: Biomerieux España, S.A.

Importe de adxudicación: vintecatro millóns novecentas cincuenta mil pesetas (24.950.000 ptas.), IVE incluído.

Adquisición de catro armarios frigoríficios.

Orzamento base de licitación: seis millóns novecentas cincuenta mil pesetas (6.950.000 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 14 de decembro de 1999.

Contratista: Cofrico, S.L.

Importe de adxudicación: seis millóns novecentas cincuenta mil pesetas (6.950.000 ptas.), IVE incluído.

Adquisición de 6 sementais bovinos de raza frisona para o plan integral de mellora xenética (PIMX).

Orzamento base de licitación: dezaseis millóns cen mil pesetas (16.100.000 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 1 de decembro de 1999.

Contratista: Raol & Tesor, S.L.

Importe de adxudicación: dezaseis millóns cen mil pesetas (16.100.000 ptas.), IVE incluído.

Redacción e dirección do proxecto dunha lonxa agraria en Verín.

Orzamento base de licitación: cinco millóns oitocentas cincuenta e unha mil novecentas sesenta e oito pesetas (5.851.968 ptas.), IVE incluído.

Data de adxudicación: 28 de outubro de 1999.

Contratista: Esproagro, S.L.

Importe de adxudicación: cinco millóns oitocentas cincuenta e unha mil novecentas sesenta e oito pesetas (5.851.968 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria