Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 358/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos con conductor LA-56, de 1.266 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 13 entronque do C.T. Curtis e final no C.T. Carboedo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 40 m de lonxitude, que enlaza coa rede existente, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Carboedo, no termo municipal de Carral. (Expediente 358/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixilo ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 358/1999Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. CarboedoTermo municipal: Carral

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2O LamagalMonte baixoHrdos. de Manuel SuárezLago-As Travesas, 15689 Carral73730

3O LamagalLabradíoHros. de Manuel SuárezLago-As Travesas, 15689 Carral2153530

4O LamagalMonte baixoHros. de Manuel SuárezLago-As Travesas, 15689 Carral2, 321061.156

5Da CasaLabradíoRicardo Lois MuíñosCurtis-Barcia, 15689 Carral3157416

6LastradosMonte baixoJosé Gómez SilveiraPiñeiro, s/n, 15680 Ordes4160600

7LastradosPradoRicardo Lois MuíñosCurtis-Barcia, 15689 Carral41067

8Monte VelloMonte baixoIsolina Ferreiro CabanaLale-Barcia, 15689 Carral521281.280

11BrizónMonte baixoJosé Fernández CastroA Lavandeira-Poulo, 15680 Ordes721111.110

13Regueiro do MiñoMonte altoJosé Fernández CastroA Lavandeira-Poulo, 15680 Ordes8225428

14A ChousaMonte altoManuel Candal CandalCabra-Sumio, 15689 Carral27432

15A ChousaMonte altoManuel Candal CandalCabra-Sumio, 15689 Carral56560

16A ChousaMonte altoManuel Candal RodríguezCabra-Sumio, 15689 Carral17272

20A FontePradoManuel Rodríguez RomayCabra-Sumio, 15689 Carral26260

22A FontePradoManuel Candal CandalCabra-Sumio, 15689 Carral19190

23A ViñaLabradíoAntonio Iglesias RodríguezCabra-Sumio, 15689 CarralC.T.657570