Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/317-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ponte da Rocha.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña subestación Santiago II-C.T. Conxo I (expediente 30728) e final no C.T. Ponte da Rocha, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Ponte da Rocha do que parte rede subterránea de baixa tensión, de 90 m de lonxitude, en conductor R.V. que enlaza con instalacións existentes. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña