Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución de inicio do expediente sancionador de sanidade alimentaria 74/1999.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución de inicio do expediente sancionador nº 74/1999, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador nº 74/1999.

Denunciado: Luis González Vázquez.

DNI: 08.665.648.

Último enderezo coñecido: Lugar de Carro nº 25 de Fuenlabrada de los Montes. Badajoz.

Ourense, 4 de xaneiro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense