Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: R.B.T. San Mamede de Ribadulla.
Situación: Vedra.
Características técnicas: reforma da rede de baixa tensión do C.T. Rozadela de 470 m de lonxitude en conductor R.Z. no lugar de San Mamede de Ribadulla. Concello de Vedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de decembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña