Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/356-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. aéro-subterránea, en área de recreo Mont.-Gándara Derv. a C.T. Mallo.

Situación: Laracha.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV que parte do C.T. Santa Lucía e final no apoio existente a C.T. Avda. Fisterra de 460 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm e derivadas a C.T. Mallo. Concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña