Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/347-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15009 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Labandeira-Valiño-Castenda.

Descricións técnicas: adecuación das redes de baixa tensión do CC.TT. de Poulo-rúa de 734 m Parada-Valiño de 634 m e Castenda de 620 m, todas elas en conductor R.Z. Concello de Ordes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña