Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería da Presidencia e Administración Pública por Orde do 29 de novembro de 1999 (DOG nº 240, do 15 de decembro), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta con
sellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I desta orde.
Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como daquel no que obteña praza
consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
ANEXO I
NRP: 36.084.007.13 A2060.
Grupo: A.
Apelidos e nome: Otero Escudeiro, Yolanda María Milagros.
Posto de traballo: xefe do Servicio de Réxime Xurídico e Recursos.
Código posto: PR.C03.00.001.15770.014.
Centro directivo: Dirección Xeral da Función Pública.
Localidade: Santiago de Compostela.