Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.629

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de febreiro de 2000 pola que se convocan para a elección de destino os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 11, de xaneiro de 1998), convocouse proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), sendo elevada a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este mediante Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG nº 7, do 12 de xaneiro de 2000).

Convocado concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia pola Orde do 1 de decembro de 1999, publicado anteriormente, no que se inclúen tódolos postos vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, mentres non se resolva este, e para os efectos de que os aspirantes que superaron o devan

dito proceso selectivo accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade, faise necesario establece-las normas para a asignación dos postos de traballo actualmente ofertados no concurso, que serán adxudicados con carácter provisional mentres non se resolva o dito concurso. Resolto este, procederase á adxudicación de postos con carácter definitivo. Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B) para a elección de destino provisional, en único chamamento, na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita nos edificios administrativos de San Caetano s/n en Santiago de Compostela, o día 15 de febreiro de 2000, ás 10.30 horas, para o acto de petición de postos, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo, entre os postos que se relacionan no anexo I, sempre que se reúnan as condicións esixidas nel.

En primeiro lugar elixirán dentro de cada corpo os aspirantes que acceden pola quenda de promoción interna e, a continuación, os de acceso libre.

Os aspirantes que acceden pola quenda de promoción interna poderán optar por continuar na praza que viñesen ocupando con carácter definitivo, cando o nivel desta se atope incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo ó que acceden ou, de se-lo caso, se non cumpren estes requisitos, poderán permanecer no dito posto no grupo ó que pertencen con anterioridade, logo de declaración da correspondente situación de excedencia voluntaria no novo corpo ó que acceden.

Os aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que non escollan as opcións sinaladas no punto anterior e os aspirantes que accedan pola quenda de acceso libre ocuparán os postos que elixan con carácter provisional.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Ós aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación destas e ó núnero obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, e entre as que quedaron sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública