Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en concordancia co artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo e o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do 28 de decembro de 1999, por oito votos a favor, que en todo caso representan a maioría absoluta do número legal dos membros da Corporación, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño.

Contra este acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potes

tativamente recurso de reposición perante o Pleno da Corporación no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación (Diario Oficial de Galicia ou BOP), ou poderá ser impugnado directamente mediante a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da última publicación. No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente ou de reposición, en tal caso, o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses, ó abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en concordancia cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que coiden conveniente. O texto íntegro da normativa e as ordenanzas publícanse no BOP.

Meaño, 29 de decembro de 1999.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde