Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO.

Edicto polo que se somete a información pública a aprobación inicial do proxecto de ordenación do medio rural de Leiro.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de decembro de 1999, o proxecto de ordenación do medio rural de Leiro, redactado por Arquipo, S.L., sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste edicto no DOG, no BOP de Ourense e no xornal La Región, prazo durante o cal poderá ser examinado no concello e formula-las alegacións que se consideren pertinentes conforme o artigo 41 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 34 da dita lei suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Leiro, 4 de xaneiro de 2000.

Franciso José Fernández Pérez

Alcalde