Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso de proxectos con intervención de xurado (referencia As99/27).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: As99/27.

2. Obxecto do contrato: selección de anteproxectos con intervención de xurado e contratación da redacción do proxecto e dirección das obras de remodelación do antigo cuartel de Macanaz para museo e sede da Fundación Luis Seoane. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 22.977.977 ptas., (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: sesenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura documentación e outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de decembro de 1999.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente-alcalde delegado de Contratación