Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da decoración e tapizado do salón de sesións do Pazo Provincial. (Expediente 99/12859 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: decoración e tapizado do salón de sesións do Pazo Provincial.

Lugar de execución: Pazo Provincial.

Prazo de execución: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.739.318 ptas., 22.473,75 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 149.573 ptas., 898,95 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Telf. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: Boletín Oficial da Coruña.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario de Deputación Provincial da Coruña