Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto con tramitación urxente e mediante concurso, de traballos específicos concretos e non habituais, consistentes na implantación e seguimento de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: implantación e seguimento de programas de control de calidade dos ensaios microbiolóxicos no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) de LCAP.

A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante declaración sobre as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular do persoal responsable da execución do contrato, tal e como dispón o artigo 19 a) da citada lei.

Orzamento base de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Garantías:

Provisional: non se esixen.

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Dirección: praza de Europa, 10-A-2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixen.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo