Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 314/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de

Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 427 m de lonxitude, coa orixe na liña derivada da L.M.T. Buño-Corme e final no C.T. Cances que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Cances, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón, e conductor R.Z. de 890 m de lonxitude. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Cances. No termo municipal de Carballo. (Expediente 314/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixilo ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 314/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. CancesTermo municipal: Carballo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1UchaLabradíoDolores Varela Lozano e fillo

José Manuel Mato Varela

Cances da Vila, 10, 15107 Carballo

r/ Álvaro Cunqueiro, 2-3º D, 15101 Carballo

œ 1120(x5100

10Foxo de AbaixoLabradíoManuel Rodríguez Muñiz

Rpte.: Esther Rodríguez Muñiz

r/ Vázquez de Parga, 110-1º, 15101 CarballoLat70

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

13Agros de VilareLabradíoMatilde Montáns CoresCances Grande, 60, 15107 Carballo38345

17Agros de VilareLabradíoManuel Lozano Facal

María Carmen Lozano Facal

Ricardo S. Lozano Facal

Cances Grande, s/n, 15107 Carballo

Cances Grande, 81, 15107 Carballo

Neaño, 3, 15115 Cabana

20120

18Agros de VilareLabradíoMatilde Montáns CoresCances Grande, 2, 15107 CarballoC.T.61485

19Agros de VilareLabradíoFlora Ferreiro VarelaCances Grande, 2, 15107 Carballo53212