Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Anúnciase convocatoria pública para prove-la seguinte praza:

-Unha praza de cabo, pertencente á escala de administración especial, subescala servicios especiais, clase polícia local, grupo D, polo procedemento de concurso por promoción interna.

As bases da convocatoria foron publicadas integramente no BOP nº 290, do 20 de decembro de 1999.

O prazo para presentar solicitudes é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

Cambre, 27 de decembro de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde