Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.590

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (386/1999-4).

Pilar Cancela Ramírez de Arellano, secretaria xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber:

Que, en virtude do acordado por dilixencia de ordenación desta data, recaída nos autos de procede

mento abreviado número 386/1999-4 a do auto dictado neles, que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Auto.-Na Coruña o 28 de decembro de 1999.

Antecedentes de feito.

1. Forón promovidas as presentes actuacións constitutivas dos autos número 386/1999-4 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un desta capital por Margarita Rois Quiroga, en calidade de parte recorrente contra aquela precedente Resolución do 2 de outubro de 1998, dictada polo delegado do Goberno en Galicia que agora consta desde logo referenciada en autos.

2. En calquera caso, a dita referida parte recorrente omitiu ó promove-las presentes actuacións achega-la solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio polo correspondente trámite de xustiza gratuíta, de forma que se dictou aquela precedente providencia que agora consta nelas, outorgándoselle aquel ulterior e correspondente prazo emendatorio legalmente establecido e baixo expresa advertencia, en caso de persistir aquela referida omisión unha vez excedido este, de arquivo por caducidade desta vía xurisdicional contencioso-administrativa outrora para o efecto promovida.

3. Consta pois agora en autos oportuna dilixencia expedida polo titular da secretaría deste xulgado pola que se acredita o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido sen que desde logo fose emendado por aquela parte promovente aquela omisión antes referenciada.

Acórdase: declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdicional contencioso-administrativo outrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselle-la presente resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince días (15), contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que sirva de notificación á recorrente Margarita Rois Quiroga, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de decembro de 1999.

Pilar Cancela Ramírez de Arellano

Secretaria