Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se emplaza o interesado que se sinala para ser notifica do por comparecencia (Recreativos Silma, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de lunes a vernes.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 11 de xaneiro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Recreativos Silma, S.L.

NIF: B15102890.

Domicilio: Av. Mallos 108. A Coruña.

Procedemento: proposta resolución expediente sancionador nº 79/99. Taxa fiscal s/ xogo período 1995.

Interesado: Recreativos Silma, S.L.

NIF: B15102890.

Domicilio: Av. Mallos 108. A Coruña.

Procedemento: proposta resolución expediente sancionador nº 80/99. Taxa fiscal s/ xogo período 1996.

Interesado: Recreativos Silma, S.L.

NIF: B15102890.

Domicilio: Av. Mallos 108. A Coruña.

Procedemento: proposta resolución expediente sancionador nº 81/99. Taxa fiscal s/ xogo período 1997.