Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/490-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Conservas Garavilla, S.A.

Domicilio social: Virxe das Mareas, 144-Meloxo, 36800 O Grove.

Denominación: central de coxeración.

Situación: O Grove.

Descricións técnicas: central de coxeración composta de 4 grupos de 1.750 kVA ')1.400 kW cada un. 2 trafos de potencia 3.600 kVA, R.T. 690/20.000 V. 2 caldeiras de 3.110 e 4.140 kg/h vapor e 11 kg de presión categoría c. Un depósito

de 60.000 litros gasóleo. Un depósito diario de 3.000 l. Aparellos e equipo de control, regulación, protección e acoplamento. Situada en Virxe das Mareas, concello do Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra