Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Curota, no concello de Ponte Caldelas da provincia de Pontevedra, por parte de Manuel Piñeiro Camiña.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Piñeiro Camiña, con domicilio en Viliquín, Dena, Meaño, presentou nesta delegación provincial, o día 20 de maio de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Curota, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponte Caldelas, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2812 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 28' 00'' 42º 23' 00''

Vértice 2 8º 28' 00'' 42º 22' 20''

Vértice 3 8º 28' 40'' 42º 22' 20''

Vértice 4 8º 28' 40'' 42º 23' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 28 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra