Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999 pola que se lle renova á Fundación Laboral da Construcción a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para categorías IG-I e IG-II.

Vista a solicitude presentada por Marina Rivada Rodríguez en representación da Fundación Laboral da Construcción e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa renovada a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas do grupo IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE do 9-1-1996).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos,

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Renovarlle á Fundación Laboral da Construcción a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia desta resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade unha memoria anual de actuacións, e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante a Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria