Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Mateo, no concello de Cotobade da provincia de Pontevedra, por parte de José Ángel Otero Cordeiro.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que José Ángel Otero Cordeiro, con domicilio en r/ A Florida, 2, Balea, Cangas, presentou nesta delegación provincial, o día 21 de setembro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Mateo, de 12 cuadrículas mineiras para recursos sección C) de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Cotobade, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2829 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 30' 00'' 42º 27' 40''

Vértice 2 8º 28' 40'' 42º 27' 40''

Vértice 3 8º 28' 40'' 42º 26' 40''

Vértice 4 8º 30' 00'' 42º 26' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 27 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra