Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 6 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Camba, 4883.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Camba nº 4883, de 135 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, nos concellos de Chandrexa de Queixa, Laza e Vilariño de Conso (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 7º 27' 00'' 42º 11' 00''

Vértice 2 7º 22' 00'' 42º 11' 00''

Vértice 3 7º 22' 00'' 42º 08' 00''

Vértice 4 7º 27' 00'' 42º 08' 00''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 6 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense