Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Avda. de Santiago, 156.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea en conductor R.H.V. 12/20 kV derivada desde o trafo Avda. Santiago-3, e remata no C.T. de tipo interior proxectado con 400 kVA 20.000/380-220 V en Avda. Santiago 156. Rede de baixa tensión de 150 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 22 de decembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense