Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/485-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38. 36201-Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace CD Telefónica con L.M.T. MUR 803.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. MUR 803, alimentando en bucle o CD existente de Telefónica, rematando na liña MUR 803. Concello de Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra