Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/115-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Orense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Fontenova.

Situación: Verín.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 70 m con orixe no C.T. Fontenova e remata no C.T. Fontenova 1. Rede de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense