Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Rúa Goya, 9.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 145 m en conductor R.H.V. 12/20 kV, desde o C.T. Galerías Couto ata a L.M.T. que vai ó C.T. edificio Malingre, pasando polo C.T. proxectado tipo interior con 400 kVA R/T 20.000/380-220 V na r/ Goya, nº 9. Rede de baixa tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 16 de decembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense